Familia Viaxeira dispoñible!

Familia Viaxeira dispoñible!

Os Patrucios (a familia viaxeira do Equipo Escornabot) xa están de novo dispoñibles!

Despois dunhas tremendas experiencias no CEIP Victor López Seoane de A Coruña, das que axiña teredes ampla documentación na escornawiki, os escornabots viaxeiros están dispostos a facerse ao camiño e coñecer novos horizontes!

Estamos a traballar!

Estamos a traballar!

Estamos a traballar no web!

Estamos a incorporar a documentación para as novas versións de escornabot, así que seguro que vas atopar cousas rotas ou que non están onde deberían, se iso é así, por favor, tennos paciencia. :)

Queremos ter todo rematado o antes posible pero... ten en conta que nos movemos a ritmo de escornabot! ;)

Brivoi está a vir...

Brivoi está a vir...

Seguro que moitos de vós xa mirástes que hai un novo garuleiro no barrio... O seu nome en clave é Brivoi, e será a nova versión estable de Escornabot.

Neste momento, é completamente funcional (ademais de xeitosiño) e, entre as súas ventaxes, destacamos as seguintes:

Primeira app de teclado para Escornabot

@lobotic amósanos unha app Android feita co MIT App Inventor. Máis información no artigo do autor (en castelán).

Labirinto sen límites con palliñas e pinzas de roupa

Labirinto sen límites con palliñas e pinzas de roupa

Jorge Lobo, profesor no CEIP Lope de Vega de Madrid, propón un xeito interesante de construir labirintos con barreiras feitas de palliñas e pinzas de roupa.

O reto do labirinto consiste en programar o Escornabot para cruzar o labirinto sen chocar cos muros. Un erro causará a destrución da edificación polo becho. Por sorte, estas barreiras son reciclabeis.

Tags: 

Miliario Cero

A páxina do Escornabot está no ar dende hoxe. Bip-bip go!

Subscribirse a Escornabot RSS