Brivoi está a vir...

Seguro que moitos de vós xa mirástes que hai un novo garuleiro no barrio... O seu nome en clave é Brivoi, e será a nova versión estable de Escornabot.

brivoi

Neste momento, é completamente funcional (ademais de xeitosiño) e, entre as súas ventaxes, destacamos as seguintes:

  • Menos tamaño, polo que as cuadrículas dos taboleiros tamién poden ser máis pequenas (ata 10x10cm).
  • Paso por cuadrícula máis rápido.
  • Maior facilidade de montaxe.
  • Menor tempo de impresión.
  • Pode facerse coas pezas da versión anterior, non tes que mercar nada novo!
  • Posibilidade de empregar placas deseñadas ad hoc.

Esperamos ter canto antes unha documentación ben clariña e ordeada para que poidais calmar as vosas ansias e ensamblalo, pero mentras tanto, na wiki podedes acceder aos nosos arquivos de traballo. E como non! lembrade que na lista de correo podedes plantexar as vosas dúbidas e suxestións...