Un ano máis, Escornabot nas escolas galegas

O ano pasado, a Xunta de Galicia promoveu un programa de aprendizaxe experimental orientado aos mestres de educación primaria. O obxectivo foi impulsar a introdución dos escolares na Robótica, naturalmente, usando o noso robot favorito deseñado completamente con Software Libre e de Fontes Abertas pola Comunidade Escornabot.

Logo da boa avaliación e resultados da experiencia no 2016, vén de lanzarse o mesmo programa para este ano y 20 escolas van ser seleccionadas en Galicia para o proxecto. A data límite para presentarse ao programa é o 27 de abril do 2017.

Photo by Bibliotecas de Galicia

Foto de Bibliotecas de Galicia