Aplicacións móbiles iOS e Android para manexar o Escornabot

Ismael Serrano e Miguel Gesteiro veñen de sacar unha aplicación móbil para Android e iOS que permite manexar o Escornabot por Bluetooth Low Energy. Está dispoñible en iOS App Store e Android Play:

O código fonte ten licenza MIT e está publicado en github. Gracias aos desenvolvedores polo seu gran traballo!

Mensaxe orixinal (en castelán) publicado na rolda de correo de Usuarios de Escornabot.