Botoneira

Tes nocións básicas de soldadura?

Vaia... que mágoa... non vas poder disfrutar da marabillosa sensación de fundir metal por vez primeira! :) Pola outra banda, vaste facer a botoneira nun volado! Bótalle un ollo ao esquema, nós usamos una placa de tiras de 94x53 mm á que lle facemos uns poucos cortes, seguro que vai ser doado para ti.

Na vida colliches un soldador?

Estupendo! Vas poder eliminar "soldar" da túa lista de cousas por aprender ;) A botoneira do Escornabot é un proxecto moi asequible para iniciarse no mundo da soldadura. Soldar pode parecer máis difícil do que é, recomendámosche este manual para comezar, pero podes atopar centos de bos titoriais pola internet.

Partimos da base de que xa lle botaches un ollo á lista de materiais e que xa tes todas os compoñentes preparados. Deberas empezar por botarlle unha ollada ao esquema, verás que temos sete resistencias postas en serie. Se non presionamos botón ningún, a entrada analóxica está conectada a GND, en caso contrario, estará conectada a 5V a través dun número variable de resistencias de 1K, dependendo do botón que premas. Así é como o Arduino sabe que instruccións lle estás a envíar cos pulsadores.

esquema botoneira

Despois colle a placa de tiras e pona coa parte do cobre mirando cara a ti. Tes que facer catro cortes, como se ve nesta imaxe:

cortes tiras

Por último, dálle a volta á placa e coloca os compoñentes como na imaxe. Solda e comproba cun polímetro que todo está correcto. Baixo a túa responsabilidade, tamén podes confíar na túa enorme habilidade soldadora e non comprobar nada.

partes botoneira

Agora, é o momento de comprobar e configurar as lecturas da túa botoneira!