Lista da compra (BOM)

Esta é unha lista de cousas que poden ser usadas para construír un Escornabot. Desde logo, podes facelo tamén con outras cousas, esa é a beleza dos proxectos Open Source, pero se non te queres complicar máis, isto é o que nós empregamos...

Escornabot:

Cousa Cantas?
Motores paso a paso de 5V, 28BYJ-48 cos seus drivers ULN2003 2
Arduino Nano ou semellante 1
Breadboard de 170 pts 1
Zoador activo de 5V 1
Bridas de 2.5 mm(duns 10 cm.) 2
Bola de 14 mm de diámetro, de aceiro ou non 2
Portapilas 4 R-6 AA 1
Parafusos 10 mm. M3 30
Porcas M3 18
Arandelas M3 32
Xuntas tóricas 63x3 mm 2
Cables de conexión macho-femia 1

Botoneira:

Cousa Cantas?
Placa de tiras 94x53 mm. 1
Pulsador 6x6 mm SPST-NO 6
Resistencias 1KΩ (1/4 watt) 7
Resistencias 100KΩ (1/4 watt) 1
Cable ríxido 0.28 mm2 1
Pines de conexión 1

Vitaminas (cousas impresas en 3D)

Vitamina Cantas?
BallCaster_14.5mm.stl 2
Bracket_28BYJ-48.stl 2
Bracket_4xAABatteryHolder.stl 1
Bracket_Keypad-Left.stl 1
Bracket_Keypad-Right.stl 1
MainPlate.stl 1
PlateSpacer_28mm.stl 2
PlateSpacer_30mm.stl 2
UnderPlate.stl 1
Wheel_72mm.stl 2

Canto Custa?

Bon... depende! Cremos que se pode conseguir a un prezo moi económico, pero vai en función de onde compres os compoñentes, ou de se podes substituír algunha cousa por outra, ou se tes algún do material tirado por casa... As ligazóns que puxemos son completamente orientativas, neste intre, non vendemos partes nin recomendamos ningunha tenda en particular.