Que é un Escornabot?

Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos.

O Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades.

- Eh! Iso que describes semella moito ao Bee-Bot!

- Si, pero moito mellor por varias razóns. Entre elas, vou destacar algunhas:

  1. É feito por ti. E os teus alumnos, fillos, primos pequenos... Calquera pode axudar particpando no proceso dende o principio. O pracer de construir o teu propio escornabot fai que sexa unha experiencia estupenda, sobre todo se hai nenos participando.

  2. É un proxecto de hardware aberto (OSHW) e software libre (FOSS) e podes adaptar as súas características ás túas necesidades: pórlle sensores, leds, cambiar a apertura do ángulo de xiro, a distancia que avanza... calquera cousa que se che ocorra.

  3. É (por prezo) máis acadábel que outros robots educativos comerciais. Montar un escornabot pode custar menos de 20€ se sabes onde mercar os compoñentes (por internet). Este prezo non é o seu valor porque leva tempo de traballo e outros custes indirectos (especialmente a impresión 3D das pezas).

Este vídeo é a presentación do proxecto que fixo @procastino no Arduino Day 2015 organizado por Makers Lugo.

Arduino Day 2015 - "Escornabot: robótica educativa aberta" (Tucho Méndez)

Filosofía

É un proxecto open hardware e software libre, o que ven a significar que é aberto á comunidade e a calquera (incluindote a ti) que poda contribuir á súa evolución. Se queres aportar algunha benquerenza a este proxecto, na forma de nova funcionalidade, redeseño, documentación ou o que sexa, estaremos encantados de ler as túas ideas e suxestións.

Preguntas frecuentes e as súas respostas

  • De onde vén o nome Escornabot? É composoción acertada de escornaboi e robot (escorna + bot). Escornaboi é a verba para o lucanus cervus (o máis grande escaravello coñecido no mundo). Por outra banda, cremos que o Escornabot é o aniquilador definitivo do Beebot.

  • Cando e donde comezou o proxecto? Naceu en Bricolabs Hacklab nun memorable día de xullo de 2014. Máis información aquí.