A Familia Viaxeira

Escornabots polo mundo!

A rapazada quere xogar cos escornabots nas súas escolas, e aos escornabots lles encanta coñecer lugares novos! :) É por isto que os nosos robots favoritos tenden a xuntarse para percorrer mundo e facer novos amigos e amigas... son as Familias Viaxeiras!

Escornabot no cole

Que é a Familia Viaxeira?

Queremos que sexan grupos de escornabots que se lancen ao camiño para visitar escolas, bibliotecas, academias de superheroes... Pasarán un tempo en cada lugar e logo seguirán a súa ruta para descubrir novas caras e novos sitios. Calquera entidade, grupo ou banda de persoas que queiran crear unha familia viaxeira e ser os seus patriarcas (ou matriarcas), conta co noso apoio e recoñecemento, animádevos! :D

Canto costa que veña a Familia Viaxeira?

Cada familia terá as súas propias condicións, pero non vos cobrarán cartos por dispoñer dela nin vos pedirán 17 ramos de rosas vermellas no seu camerino :)

Isto non quere dicir que non teñades que facer nada... unha comunidade non se sostén se os seus usuarios e usuarias non aportan, así que seguro que se vos pedirá que colaboredes no proxecto. Se cadra pode ser que teñades que construír outro escornabot para a familia, que documentedes algunha actividade, que fagades unha xornada escornabótida... todo cousas sinxelas pero que vos permiten participar no desenvolvemento do escornabot e que poden facer moito para espallar polo mundo o espíritu da tecnoloxía libre e participativa! :)

Family Picture

Como lles pido que veñan?

Moi doado! Na escornawiki iranse rexistrando as familias existentes e as condicións que cada unha pon para visitar o teu centro, así como os datos de contacto para que poidades facer a vosa solicitude. Busca a familia que máis perto che quede e non perdas máis tempo... os escornabots estánche a esperar! :)

Como podo crear unha familia viaxeira?

Felizmente, a robótica está a implantarse moi rapidamente na educación, e existe un interese enorme por parte dos centros en coñecer este mundo. Se ti tamén queres que as tecnoloxías coas que os pequenos e pequenas descubran o mundo da robótica sexan libres, abertas e de tod@s, anímate a facerte patriarca unha familia viaxeira e poñela a andar polo mundo! Para moitos centros, a inversión en robots comerciais pode ser un obstáculo insalvable, así que estarás tamén contribuíndo a que a robótica non sexa unha cuestión de cartos, senón de interese.

Se ti a nivel persoal, o teu hackerspace, a túa comunidade de veciños... compartides este xeito de ver as cousas e queredes levar a robótica libre a máis nenos e nenas, simplemente tedes que montar tres ou catro escornabots, metelos nunha caixa, publicar na wiki as vosas condicións de préstamo, que non poden ser económicas, e poñelos a andar... outra familia de felices escornabots on the road! :)

Para calquera axuda ao respecto, lembra que na nosa lista de correo toda a comunidade está para botarche unha man na construcción dos robots ou calquera outra cousa que precises.